O Concello de Baiona ofreceu este venres unha recepción á vallisoletana Milagros Pardo Espinaco, que cumpre este verán 78 anos pasando a tempada estival na Vila. O alcalde de Baiona, Ángel Rodal, e a concelleira de Turismo, Beatriz González, recibiron á turista máis fiel nun emotivo acto no que estivo acompañada por un grupo de amigas que tamén residen en Baiona.
“Milagros é un exemplo de fidelidade a Baiona, exemplo dun turismo xeracional e fiel que está namorado do noso municipio e que agardamos que continúe elixindo a nosa Vila para pasar as súas tempadas de vacacións”, apuntou o rexedor.
Con 92 anos, Milagros Pardo Espinaco pisou por primeira vez Baiona no ano 1939 acompañada dos seus pais e dende entón non deixou nunca de visitala. Funcionara de profesión e agora viúva, a veciña de Valladolid tamén desprazouse ao longo da súa vida xunto ao seu marido, o comandante Ángel Maeso.
Este verán, tras chegar en Baiona en taxi, como fai dende hai tempo para pasar os meses de xullo e agosto, foi homenaxeada polo seu grupo de amigas na Vila.

