O Monteboi Bike Club organiza unha BTT polos montes de Baiona e Oia

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // O Club BTT Monte Boi na Subida á Groba.

Monteboi Bike Club organiza unha BTT o vindeiro domingo 1 de outubro, con saída ás 9 da mañá desde o Pavillón Municipal de Baiona. O percorrido será de 35 km aproximadamente cunha dificultade media-alta, pasando polas comunidades de montes de Baredo, Baíña, Santa Cristina da Ramallosa, Baiona, Belesar e Mougás.

Haberá servizo de duchas, lavado de bicis, dous avituallamentos -un líquido e un líquido e sólido-, asistencia médica, ambulancia, quads e todorreos e asistencia mecánica. A ruta, non federada e non competitiva, inclúe seguro.

As inscricións, cun prezo de 10 euros, pódense realizar desde o 1 ata o 28 de setembro na Tenda Podium Bikes (O Rosal) ou ingresando o diñeiro na conta de La Caixa ES46 2100 1821 6502 0020 3045 e enviando copia do recibo máis o DNI ao correo bttmonteboibaiona@gmail.com. Máis información no Whatsapp 695 579 005 (Manuel) ou 637 350 096 (Kike).

A participación está limitada a 300 persoas e será obrigatorio o uso de casco. Os menores de 16 a 18 anos deberán presentar unha autorización dos pais ou titores.

A entrada de dorsais será na Cafetería do Centro Cultural de Baredo o sábado 30 de 18:00 a 21:00 horas e o mesmo día da ruta de 8:00 a 8:45 no Pavillón Municipal de Baiona.

Ao finalizar a ruta haberá petiscos e bebida, ademais do sorteo de ceas, noites de hotel e agasallos.

Anuncios