Máis de 100 metros de tobogán acuático para despedir o verán en Gondomar

FOTO: SLIDE THE CITY // Tobogán acuático.

Foi un éxito en Vigo e promete selo tamén no Val Miñor. O Concello de Gondomar decidiu despedir o verán este domingo día 3 de setembro cun tobogán acuático xigante de máis de 100 metros que fará as delicias de pequenos e maiores.

Estará instalado na rúa Urbanización Miñor, fronte ao Auditorio Municipal Lois Tobío, en horario de 11:00 a 14:30 e de 15:30 a 20:00 horas. A entrada será libre e gratuíta para todas as idades.

Trátase dun tobogán de 125 metros de vinilo xabonoso e moita auga que farán alcanzar velocidades incribles, ata terminar nunha piscina de case un metro de profundidade, onde se produce a parada do esvaradío bañista. A empresa encargada da instalación deste Megatobogán Acuático será, do mesmo xeito que en Vigo, Slide the City.

Só hai que poñerse o bañador (ou calquera outra peza, salvo vaqueiros ou algo que leve remaches), coller carrerilla e lanzarse á pista, ben sobre calquera tipo de elemento inchable ou ben sobre o propio corpo.

O único límite de idade que se establece é para maiores de 5 anos que midan máis dun metro de altura. Non se permiten as viaxes en parella nin que unha persoa súbase á outra. Tampouco está permitido saltar con mascotas.

Anuncios