Benestar Social de Gondomar organiza unha viaxe a Lisboa para maiores de 55 anos

O Departamento de Benestar Social do Concello de Gondomar, que dirixe Rocío Cambra, ten programada unha viaxe a Lisboa e arredores dende o 24 ao 29 de outubro para persoas maiores de 55 anos. Os lugares a visitar son Lisboa, Sintra, Estoril, Cacais, Mafra, Obidos, Nazaré, Batalha…..

O prezo por persoa é de 310 € e inclúe hotel de tres estrelas en Caldas da Rainha, transporte en autocar Gran Turismo, réxime de pensión completa, guía acompañante, comidas en ruta, entradas en monumentos de Mosteiro dos Jerónimos, Palacio de Mafra, Mosteiro de Batalha e seguro de asistencia en viaxe.

As persoas interesadas poden reservar a súa praza entre o día 1 e o 30 de setembro no Departamento de Benestar Social, sito na Casa de Cultura de Gondomar, ou no teléfono 986 36 01 68. Esta viaxe está programada pola Axencia de Viaxes Tideo Tours.