Tito Rober pecha o ciclo “Baiona con humor”

Este venres 1 de setembro finaliza o ciclo “Baiona con humor”, incluído na programación cultural e de lecer Baiverán 2017 organizada pola Concellería de Cultura, coa actuación de Tito Rober. Será a partir das 23:00 horas na Praza do Concello de Baiona.

Gañador do 5º Concurso de Monólogos Vila de Bembibre que organizan a emisora FM Bierzo e a produtora La Risa va por Barrios.

O monólogo fala en primeira persoa as vivencias dun mozo de Ourense, nacido no seo dunha familia humilde, que aínda así llas inxenia para poder envialo a un colexio privado, co afán de encaixar nesa clase que non é a súa. Pásanlle mil aventuras, apoiadas como non polas influencias da súa nai, a infancia pasa, e o seguinte capítulo é a terrible e cómica adolescencia, no medio hai tempo para a emigración, e mil e unha aventuras sempre co apoio dunha nai incondicional e preocupada polas vitaminas.

Anuncios