Nigrán abre o pazo de inscrición para tres cursos gratuítos dirixidos a mozos de 16 a 35 anos

O Concello de Nigrán abre dende mañá 1 de setembro ata o 14 de setembro o prazo de inscrición para os cursos de monitor de comedor escolar (desenvólvese do 25 ao 29 de setembro), acompañante de transporte escolar (do 18 ao 22 de setembro) e guía de patrimonio cultural (do 18 ao 29 de setembro). Todos eles están organizados a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) e están dirixidos a mozos de entre 16 e 35 anos empadroados en Nigrán e constan dunha duración de 25 horas. Todos son de balde para o participante, cunha clara orientación laboral e só se poderá cursar un deles (salvo que existan prazas vacantes) co obxectivo de beneficiar a maior poboación posible. Na inscrición terán preferencia os empadroados en Nigrán e desempregados.

As persoas interesadas nestes cursos deben presentar a súa solicitude no Rexistro Xeral do Concello en horario de 9.00 a 13.00 horas xunto unha fotocopia do DNI e da tarxeta de desemprego se é o caso. Para máis información poden dirixirse á Oficina de Información Cidadá (986365000) ou no correo electrónico omixnigran@nigran.org.

Anuncios