75 nenos e nenas participaron no Campus de Verán de Baíña

Este xoves finalizou con éxito o Campus de Verán organizado polo Centro Cultural e Social de Baíña. Un total de 75 nenos e nenas participaron no campamento, que se desenvolveu durante os meses de xullo e agosto, en dúas quendas, na Casa das Novenas de Baíña, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Os pequenos gozaron de excursións á praia, á Aldea Cavernícola de Leiro e a Salvaterra, sendeirismo, xogos, teatro, obradoiros, procura do tesouro, baile e unha infinidade de actividades.

Desde o Centro Cultural agradecen ao párroco de Baíña por ceder a Casa das Novenas para poder realizar dita actividade.

2017-08-31 - 21247673_1948879148688104_106289859_o

Anuncios