Porriño Team gaña a XXII edición do Torneo de Baloncesto 3×3 de Baiona

FOTO: CLUB BALONCESTO BAIONA // Torneo 3x3.

O parque da Palma acolleu o pasado fin de semana a XXII edición do Torneo de Baloncesto 3×3, organizado polas Concellerías de Deportes e Actividades Marítimas de Baiona, conxuntamente co Club Baloncesto Baiona.

Participaron unha trintena de equipos repartidos en seis categorías diferentes, desde os veteranos (máis de 40 anos, a adultos (masculino e feminino), Sub-16, Sub-12 e Especiais.

Cada equipo debía estar composto por un mínimo de 3 xogadores e 1 reserva, e un máximo de 6. Todos os partidos disputáronse a un só tempo de 20 minutos, finalizando se un dos equipos chegaba a 21 puntos.

O XXII Torneo de Baloncesto 3×3 comezou o venres coas fases clasificatorias. O sábado disputáronse os cuartos de final, semifinais e finais das distintas categorías, ademais do Torneo Especial- Torneo Campuzano. A competición finalizou coa entrega de premios e agasallos conmemorativos, da man do alcalde, Ángel Rodal, e o concelleiro de Actividades Marítimas, Raúl Costas.

CASIFICACIÓN SUB 12
1º LOS MAGICOS
2º BASKETBALL STARS
3º 3 METROS DE ALTURA
4º BAIONA 2008

CASIFICACIÓN SUB 16
1º SACRAMELO DE AKING
2º MIKE ASOMA POR EL ARO

CASIFICACIÓN CAT. ABSOLUTA
1º PORRIÑO TEAM
2º SAN ANDRES CHUFS
3º DISCOTECA ROUGE
4º MANIMAL CREW

El pase de diapositivas requiere JavaScript.