O IV Centenario do Conde de Gondomar pecha o VII Ciclo de Conferencias de Baiona

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

A Capitanía Marítima de Baiona acolle este xoves 31 de agosto ás 20:30 horas a derradeira charla do VII Ciclo de Conferencias organizado este verán polo Concello de Baiona. Neste caso o relator será o catedrático de Literatura Española Fernando Bartolomé, que impartirá a conferencia “O ano do Conde Diego Sarmiento, Conde de Gondomar no seu IV Centenario (1617-2017)”.

O VII Ciclo de Conferencias, enmarcadas na programación do Baiverán 2017, reuniu a nove catedráticos e profesores de catro universidades españolas na Capitanía Marítima (Rúa Elduayen, 20). Todas as charlas celebráronse os xoves de xullo e agosto no mesmo escenario e á mesma hora (20:30 horas) con entrada libre e gratuíta.

Anuncios