O coro galego Cantares do Brión actuará este sábado 2 de setembro no Auditorio Municipal de Salceda a partir das 21:00 horas, dentro das actividades culturais da Festa dos Callos.
No programa: canto, recitado, baile e teatro. No repertorio cantado, pezas tradicionais e outras de nova creación, en base a letras de escritores e escritoras galegas (Manuel María, Ramón Cabanillas, Marica Campo…), con composición musical de persoas integrantes do coro.
“Muiñeira perpetua” é a peciña que vai representar a sección de teatro. Un texto de Lucía Cid Cabido, sobre coplas de “Cantares gallegos”, de Rosalía Castro.
Cantares do Brión, creado hai sete anos na parroquia gondomareña de Vincios, é un coro galego que veu ocupar un espazo no territorio do sur de Galicia, e que ten xa importante proxección nacional.

