Máis de 2.000 persoas asistiron ao II Oktoberfest de Sabarís

FOTO: CASTRO E LADEIRA

O II Oktoberfest organizado pola Asociación de Veciños Castro e Ladeira de Sabarís foi un éxito. Máis de 2.000 persoas pasáronse pola carpa instalada na chaira situada xunto á rotonda do cámping da Ladeira para degustar cervexas e salchichas alemás desde o mediodía ata as 2 da madrugada.

Durante os catro días que durou o evento, houbo postos que despacharon cervexas de trigo, louras e torradas, ademais de salchichas de varios tipos e tamaños acompañadas de diversas salsas.

Os asistentes tamén puideron degustar pratos autóctonos como a orella ou o lacón, entre outros, e gozar de música en directo. Os máis pequenos gozaron de inchables e pallasos.