A Comisión de Festas da Virxe do Carme de Baiona organiza unha viaxe ás Cíes

FOTO: TURISMO.GAL

A Comisión de Festas da Virxe do Carme de Baiona organiza o próximo domingo 10 de setembro unha viaxe ás Illas Cíes, con saída dende o porto de Baiona ás 9:30 horas e regreso ás 20:15 dende as Illas Cíes.

O prezo para participar é de 10 euros para os maiores de 12 anos, de 8 euros para os nenos de 3 a 12 anos e gratis para os pequenos de 0 a 3 anos.

Os billetes pódense comprar na Lonxa de Baiona ata o 1 de setembro en horario de 9:00 a 14:00 horas. Máis información nos teléfonos 986 385 036 ou 680 424 719.