Marcos Serrano deixa de ser o director deportivo do Club Ciclista Rías Baixas

FOTO: CLUB CICLISTA RÍAS BAIXAS // Marcos Serrano.

O Club Ciclista Rías Baixas e Marcos Serrano acordaron poñer punto final á súa relación deportiva. A estrutura presidida por José Luis Chamorro e o ex corredor de Chapela separan os seus camiños de forma amigable tras tres tempadas e media de frutífera colaboración. O ata agora director deportivo do conxunto miñorano xa non acompañará ao equipo a próxima semana na Volta á Illa de Tenerife.

Deste maneira, finaliza a primeira experiencia do técnico redondelán á fronte dunha formación Elite e Sub23. Durante esta etapa o Club Ciclista Rías Baixas consolidouse como un dos grandes referentes do pelotón amateur español. A entidade con sede en Nigrán agradece a Serrano a súa profesionalidade e de fronte ao futuro deséxalle os maiores éxitos.

Tras a paréntese competitiva das últimas semanas, o equipo iniciará o vindeiro mércores un intenso e ilusionante final de tempada. A primeira cita levará aos seus corredores ata as estradas tinerfeñas e a continuación disputará a Volta á provincia de Valencia e a Volta a Galicia. Ademais de preparar o peche deste curso, a directiva do Club Ciclista Rías Baixas xa ten perfilado o proxecto para a tempada 2018.