Mañá comeza Vive Nigrán con Las Bistecs, Joe Crepúsculo e Viva Suecia

Mañá sábado 26 e o domingo 27 terá lugar a primeira edición do festival Vive Nigrán no antigo campo de fútbol de Lourido, no idílico entorno de Praia América. O concibido como un “Picnic-pop festival” achegará ata as Rías Baixas a formacións e artistas como Marem Ladson, New Day, Picnic Pop DJ, Bflecha, Basanta, Joe Crepúsculo, Viva Suecia e Las Bistecs o sábado 26; e Los Duques de Monterrey, Tachenko, Electric Feels, Picnic Pop DJ, Isaac Pedrouzo DJ, Rapariga DJ, Edu Romero DJ, Espiño, Os amigos dos músicos, Morgan e Da Chick o domingo 27.

O festival completará a súa proposta musical con diversas actividades paralelas para gozar en familia acollendo, alén da música, presentacións, charlas, obradoiros, mercadiño, actividades infantís e gastronomía variada para todos os públicos. Ás actuacións musicais deste Vive Nigrán súmanselle actividades como a presentación do libro “Todo tiene una historia”, de Isaac Pedrouzo; as charlas con Carlos Galán -fundador de Subterfuge- e do xornalista Javier Becerra; o obradoiro de fotografía con móbiles que impartirá a fotógrafa Cristina Pontanilla; o mercadiño e as propostas de ocio protagonizadas polo debuxo e a cociña para os máis pequenos e pequenas da casa.

Os interesados e interesadas en asistir poden mercar aínda os seus bonos e entradas anticipadas a un prezo de 15€ o bono (20€ en despacho de billetes) e de 10€ a entrada de día (14€ en despacho de billetes).

Incluído no circuíto #RíasBaixasFests da Deputación de Pontevedra, Vive Nigrán será a última parada das 8+1 citas máis esperadas deste verán. A aposta do Concello de Nigrán, que conta tamén co patrocinio da cervexeira Mahou, pretende converterse nun referente para os fieis seguidores da música en directo nun espazo natural único, concertos a pé de praia e actividades paralelas para todos os públicos. Xogos ao aire libre, un market, foodtrucks, obradoiros e charlas completarán a proposta de ocio deste Picnic Pop Festival ideado para gozar en familia dende a mañá ata a noite.

HORARIOS SÁBADO 26

11:00h Apertura de puertas
12:00h Obradoiro de fotografía con móbiles
12:00h Concurso de debuxo para nenos e nenas
12:30h Marem Ladson
12:30h Obradoiro de mini-pizzas e granizados
13:30h Obradoiro de pintacaras
13:45h New day
15:00h Atlantic
16:15h Dj Isaac Pedrouzo
18:15h «Viaje al centro de Subterfuge» Charla con Carlos Galán
19:00h Bflecha
20:20h Basanta
21:40h Viva Suecia
23:00h Joe Crepúsculo
00:20h Las bistecs
01:40h Dj Picnic Pop

Anuncios