Hakuna Matata, de Troula Animación, este domingo en Praia América

Pasarrúas "Hakuna Matata" de Troula Animación

O circo máis tolo de Troula Animación, Hakuna Matata, chega este domingo 27 de agosto a Praia América (na contorna da ”Fonte Seca” dende as 17;00 horas) para entreter aos máis pequenos. O espectáculo, deseñado como un pasarrúas, forma parte do programa Cultura no Camiño e consta de animais de fantasía xigantes, zancudos e un ciclista. Nika chega puntual, coma sempre, ao punto de quedada, o sitio onde tiña que estar montada a carpa do… “Gran Circo Krasnobarak!”, pero… que acontece?, non hai carpa!, pero é que tampouco está Pepo o pallaso, nin os irmáns trapecistas…. NON HAI NINGUÉN!, Ao rato aparece Igor, o director e domador do circo, e resulta… que temos un problema maior!, os animais do circo… andan perdidos pola cidade!!.

Anuncios