A Asociación «Galiñeiro» de Vincios ofrece unha vintena de actividades para este curso

A Asociación de Veciños “Galiñeiro” ofrece un amplo número de actividades para o curso 2017/2018, que se desenvolverán no Centro Cultural de Vincios.

Os cursos e actividades que se ofertan son gaita e percusión, gaita para nenos, baile galego, pandeireta, baile tradicional iniciación, pilates, debuxo e pintura para adultos, manualidades, acordeón, zumba, clases de apoio escolar, guitarra, bailes latinos, club de loita, aerobic, danza moderna, danza oriental e mantemento maiores.

Máis información e inscricións no Centro Cultural de Vincios, nos teléfonos 986 469 692 ou 616 139 129 ou no correo electrónico centrocultural@vincios.org.