Prado Surf celebra na praia de Patos o Campionato Noveis Alumisel

FOTO: PRADO SURF ESCOLA

Concello de Nigrán e Prado Surf despiden este venres 25 de agosto a tempada estival co Campionato Noveis Alumisel, que se desenvolverá durante todo o día na praia de Patos. Trátase dun torneo aberto aos alumnos, no que poderán comprender as regras e particularidades da competición e contará con entrega de diplomas e premios para os participantes. Como é habitual nesta xornada, haberá música en directo e festa da escuma.