Nigrán substitúe os farois do paseo de Panxón por uns novos de iluminación LED

NIGRÁN SUBSTITÚE OS FAROIS DO PASEO DE PANXÓN POR UNHAS NOVAS DE ILUMINACIÓN LED

O Concello de Nigrán vén de substituír os quince farois situados ao longo do paseo marítimo de Panxón por uns novos de iluminación LED e por un importe total de 8.712 euros achegados a través do Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra.

Os antigos, de vapor de sodio e carentes de illamento, provocaban que nos días de mal tempo se avariasen. «Era un problema que nos transmitían frecuentemente veciños e hostaleiros da zona e que agora liquidamos de raíz. Os fallos na iluminación carrexaban no peón sensación de inseguridade nunha zona con gran concentración de bares e restaurantes», indica o alcalde, Juan A. González. Así, estes farois foron substituídos por outros novos tipo LED, o que supón un importantísimo aforro no consumo enerxético. Os actuais, de deseño minimalista, contan cunha fonte de luz composta por 14 LED de alta eficiencia e 30 W de potencia, mentres que o soporte é de aceiro.

«Supoñen un importante aforro enerxético e ofrecen unha imaxe moderna no municipio; todo o que substituímos é sempre por LED por un principio claro de sustentabilidade», indica González. De feito, como xa se fixo en todo o centro urbano, a nova medida suporá reducir a potencia de consumo entre o 51 % e o 80 %, o que ao mesmo tempo implica diminuír as costas de funcionamento das instalacións de iluminación pública e, sobre todo, permítelle ao Concello optimizar o gasto enerxético neste ámbito.

2017-08-24 - Iluminacion2