Aberto o prazo para inscribirse nas actividades da Asociación Veciñal A Unión

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

A Asociación Veciñal A Unión de San Pedro da Ramallosa informa que xa está aberto o prazo para inscribirse nas distintas actividades previstas para o curso 2017-2018.

Actualmente ofrecen zumba, calceta, hipopresivos, baile moderno para nenos, aerobic, obradoiro de informática, costura, obradoiro de psicomotricidade, gaita, pilates, pintura, reeducación alimentaria, piano e bailes latinos.

As persoas que desexen máis información poden contactar a través do correo electrónico sanpedroaunion@gmail.com ou no local da propia asociación.