O IEM presenta o xoves cinco novos contos saharauís traducidos ao galego

FOTO: IEM

O xoves 24 de agosto os nenos e nenas saharauís e as súas familias acolledoras participarán na actividade “Encontros con contos” organizada polo IEM e na que se presentarán os contos de tradición oral saharauís dos compartidos e recollidos para posteriormente traducilos á nosa lingua galega.

Os contos son “O peixiño Macarún”, “A bolboreta e a formiga”, “O ourizo e o lobo”, ”A velliña e o home enfermo” e “O pantalón de Alí”, e serán publicados na páxina web da Biblioteca Virtual da Asociación de Tradutores Galegos.

Dende o IEM queren agradecer ás familias miñoranas este intercambio cultural e reciben o seu exemplo solidario como un agasallo máis nestes tempos de crise, desexando que o próximo verán poidan agrandar a colaboración destes nenos e nenas, que son a mellor semente dun futuro en paz.

O acto de presentación será na sede do IEM ás 18:00 horas.