A parroquia nigranesa de Camos celebra desde o 23 ata o 26 de agosto as festas na honra de San Roque.
O mércores 23 ás 10:00 da mañá haberá un pasarrúas a cargo da Banda de Música de San Miguel de Oia. Ás 12:00 do mediodía celebrarase unha Misa Solemne na honra de San Mamed seguida de procesión acompañada pola mesma banda de música, que ofrecerá a continuación un concerto. Ás 20:30 horas terá lugar unha tirada de foguetes e pola noite, a verbena está amenizada polo grupo Assia e a orquestra Saudade.
O xoves 24 ás 10:00 da mañá haberá un pasarrúas a cargo da Banda de Música Unión Musical de Guláns. Ás 12:00 do mediodía celebrarase unha Misa Solemne na honra de San Roque seguida de procesión acompañada pola mesma banda de música, que ofrecerá un concerto a continuación. Ás 21:30 horas actuará de novo a Banda de Música Unión Musical de Guláns e pola noite, a verbena correrá a cargo das orquestras Trébol e Israel.
O venres 25 ás 10:00 da mañá haberá un pasarrúas a cargo da Banda de Música de Taboexa. Ás 12:00 do mediodía celebrarase unha Misa Solemne na honra de María Auxiliadora seguida de procesión acompañada pola mesma banda de música, que ofrecerá a continuación un concerto. Pola noite, os grupos Canela e Aramio amenizarán a verbena.
O sábado 26 ás 10:00 da mañá haberá un pasarrúas a cargo da Banda de Música Agrupación Musical de Belesar. Ás 12:00 do mediodía celebrarase unha Misa Solemne na honra de Santa Lucía seguida de procesión acompañada pola mesma banda de música, que ofrecerá a continuación un concerto. Ás 17:00 horas terán lugar as grandes cucañas e a continuación as “poxas”. Pola noite, a verbena fin de festa incluirá as actuacións da orquestra Supremos, o grupo D’Líder e Compota y su Ricura.
Actos relixiosos
Os días 23, 24, 25 e 26 haberá Misas Rezadas ás 10:00 da mañá.

