A Asociación de Veciños “Galiñeiro” de Vincios organiza unha excursión a Ferrol

FOTO: ARMADA ESPAÑOLA // Arsenal Militar de Ferrol.

A Asociación de Veciños “Galiñeiro” de Vincios organiza unha excursión a Ferrol o próximo domingo 1 de outubro para visitar o seu Arsenal Militar.

Faranse dúas paradas para visitar, por unha banda, a Sala de Armas e a cortina cos seus case 100 canóns, e por outro, o dique de San Julián. No percorrido, a guía explicará a historia e desenvolvemento desta gran base naval, a principal do norte de España así como o uso actual e os buques da Armada española que se poden ver nesta dársena.

Haberá a posibilidade de visitar unha fragata F-100, de 147 metros de eslora, as máis modernas da Armada con base no Arsenal de Ferrol. Os asistentes poderán subir a bordo para velas por dentro con explicación de como e en que traballa a tripulación destes buques. (Acceso pendente de autorización por parte da Armada).

Despois das visitas darase un pequeno paseo peonil polo centro. Xantar nun restaurante da zona, e pola tarde, percorrido único pola zona rural de Ferrol que lles permitirá acceder a algúns dos recunchos máis descoñecidos e máis belos da comarca. Visitarase a fortificación de San Felipe para coñecer a arquitectura militar do XVIII e como vivían os soldados de entón, ademais do importante papel que xogou o castelo na historia e na defensa de Ferrol.

O prezo da excursión é de 40 euros por persoa (45 para os non socios) e inclúe transporte en autocar, xantar en restaurante con auga e viño, entrada ao Arsenal Militar de Ferrol, visita a unha fragata do Exército (pendente de se a Armada autoriza o acceso), entrada ao Castelo de San Felipe, guía local para visita a Ferrol e seguro de asistencia en viaxe.

Máis información e reservas na Asociación de Veciños “Galiñeiro” de Vincios (Piñeiro, nº 22) ou en teléfono 986 46 96 92.