O Gondomar e o Alondras disputaranse o Trofeo do Conde nas Gaiandas

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

Este mércores 23 de agosto celebrarase no campo municipal das Gaiandas o Trofeo Conde de Gondomar entre o Gondomar C.F. e o Alondras de terceira división ás 20:00 horas. Este será o último partido antes do comezo da liga cuxo primeiro encontro será o vindeiro domingo día 27 ás 19:00 horas contra o Campolameiro nas Gaiandas. Así mesmo, desde o club lembran que xa están a disposición dos socios os carnés para esta próxima tempada.

Anuncios