“Cine na Praza” en Sabarís coa película “Peter y el dragón”

Continúa o ciclo “Cine na Praza” incluído na programación cultural e de lecer Baiverán 2017, organizada pola Concellería de Cultura de Baiona. Este martes 22 de agosto proxectarase a película “Peter y el dragón”, ás 23:00 horas na Praza Victoria Cadaval de Sabarís.

Durante anos o Sr. Meacham, un vello tallador de madeira, fascinou aos nenos da rexión cos seus contos acerca dun feroz dragón que reside no máis profundo dos bosques do Noroeste do Pacífico. Para a súa filla Grace, que traballa como garda forestal, estas historias non son máis que contos para nenos… ata que coñece a Peter. Peter é un misterioso neno de 10 anos que non ten familia nin fogar, e que asegura que vive no bosque cun xigante dragón verde chamado Eliott. Coa axuda de Natalie, unha nena de 11 anos cuxo pai é dono da serrería local, Grace partirá en busca de respostas que pescuden de onde vén Peter, cal é o seu verdadeiro fogar e a verdade acerca dese dragón.

Anuncios