Semana de doazón de sangue no Val Miñor

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // A unidade móbil de doazón de sangue en Nigrán.

Unidades móbiles do Centro de Transfusión de Galicia visitarán esta semana os tres concellos da comarca.

O luns 21 unha unidade estará en Gondomar, na estación de autobuses de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas, e o martes 22 en Nigrán, diante do Concello, en horario de 10:00 a 14:30 e de 16:00 a 21:00 horas.

O mércores 23 poderase doar sangue nunha unidade situada diante do Centro Cultural Bolos da Carrasca de Parada de 16:00 a 18:30 horas e na Alameda da Ramallosa de 19:00 a 21:00 horas.

Finalmente, o venres 25 e o sábado 26 haberá unha unidade móbil estacionada na Avda. Jesús Valverde, na entrada ao Parador de Baiona, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas o venres e de 10:00 a 15:00 horas o sábado.

Todo aquel que desexe doar sangue poderá facelo nos horarios indicados. Se é a primeira vez que se doa hai que levar consigo o DNI.