O Concello de Baiona organiza por primeira vez no municipio o “Día da Xuventude” baixo o nome de “Mocidade Fest”. A actividade estará destinada aos máis novos da localidade e celebrarase o vindeiro mércores 23 de agosto na Praza do Concello. A partir das 20:00 horas este punto do Casco Vello baionés acollerá as actuacións dos baioneses Ganjahr Family e Yaggo e o guardés DJ Diego Mariño.
Baiona organiza o “Mocidade Fest”

