Sin categoría

Piden voluntarios para buscar a Iván Dávila

Hoxe venres 18 de agosto está convocada unha reunión no campo de fútbol de Prado en Morgadáns para organizar grupos de voluntarios co obxectivo de saír mañá temperán a buscar a Iván Dávila Alonso, desaparecido desde o pasado martes. O encontro será ás 20:00 horas

Iván, do barrio de Prado en Morgadáns-Gondomar, saíu da súa casa ás 18:00 horas cun Golf azul escuro matrícula FNG, co número 03 en branco na lúa traseira. Segundo informan dixo que ía a Tui e non se volveu a saber nada del. Aseguran habelo visto na estrada do monte Aloia, acompañado por unha moza, da que tampouco se teñen noticias. Todo aquel que poida facilitar calquera información pode contactar no teléfono 600 847 956.