Sin categoría

O Val Miñor Fest conta o venres con concertos, catas e obradoiros infantís

O Val Miñor Fest, que se celebra no paseo de A Foz de A Ramallosa e está dedicado á cervexa artesá, vive o venres o seu segundo día co concerto ás 13:15 de “Cumbancha La Martiniana” e ás 20:30 de “Off Room” e “Esteban&Manuel”. Ademais, ás 18:00 haberá un obradoiro infantil e ás 20:30 unha introdución á cata de cervexas (con inscrición previa). A maiores das 13 marcas de cervexa artesá hai unha ducia de food trucks coa mellor comida de rúa.