Concerto de Tonichi e Pacheco en Sabarís

O dúo Tonichi e Pacheco ofrecerá este xoves 17 de agosto un concerto na Praza Victoria Cadaval de Sabarís, a partir das 23:00 horas, dentro da programación cultural e de lecer Baiverán 2017 organizada pola Concellería de Cultura de Baiona.

Tonichi e Pacheco é unha proposta artística que mestura o virtuosismo musical centrado nas grandes figuras e iconas da guitarra, como Paco de Lucía, Django Reinhardt, Zorba the Greek… cunha gran selección de temas cantados que, dunha forma sentimental e/ou lúdica non deixan indiferente a ninguén. Todo isto mesturado cunha gran dose de humor fai que o espectáculo sempre finalice nunha gran festa.

Anuncios