Buscan a un mozo de Prado desaparecido desde o martes

Familiares e amigos piden axuda nas redes sociais para localizar a Iván, do barrio de Prado en Morgadáns-Gondomar, desaparecido desde o martes día 15 de agosto. Ao parecer, o mozo, de 18 anos, saíu da súa casa ás 18:00 horas cun Golf azul escuro matrícula FNG, co número 03 en branco na lúa traseira. Segundo informan dixo que ía a Tui e non se volveu a saber nada del. Aseguran habelo visto na estrada do monte Aloia, acompañado por unha moza. Todo aquel que poida facilitar calquera información pode contactar no teléfono 600 847 956.