O baionés Brais Gómez Cima, do Club Ciclista Ponteareas, segue subíndose ao podio. O pasado venres, 11 de agosto, conseguiu un segundo posto do Premio de Montaña en Cantabria, no XX Gran Premio Nuestra Señora de Muslera que se celebrou no Concello de Astillero. A proba, organizada polo Club Ciclista Federico Cobo, está integrada no Trofeo AsturCántabroGallego.
O domingo 13 de agosto, Brais disputou na localidade portuguesa de Barcelos o premio “Gallos de Pelea”, que se outorga a equipo máis loitador, e que foi para o Club Ciclista Ponteareas.
Finalmente, o martes 15 de agosto, o baionés volveu ocupar un caixón do podio en Santa Marta de Pozuelo, en Portugal. Na categoría cadete, Brais ocupaba a falta de 100 metros a primeira posición, escapado, cando foi absorbido polo pelotón, e despois dun sprint co campión nacional portugués, Manuel Rodríguez, entrou en terceira posición.






