Anuncios
Ticker de novas

As irmás Cabot, do Rías Baixas, asinaron unha vitoria e un segundo posto en Maceda

FOTO: LUZ MARÍA IGLESIAS // Carmen Cabot.

As irmás Cabot continúan cultivando grandes resultados no calendario galego de Mini BTT. No XIII Mini BTT de Maceda – Copa Deputación de Ourense, Carmen foi a promesa máis rápida e María logrou a segunda posición na carreira de principiantes.

Estas dúas pequenas campioas demostran o seu talento e a súa paixón pola bicicleta en cada competición. Durante este fin de semana participaron xunto a outros 300 menores na cita organizada polo Club Ciclista Maceda. Ás irmás do Club Ciclista Rías Baixas aínda lles restan algunhas citas antes de que conclúa esta tempada.

Anuncios