Anuncios
Ticker de novas

A Feira de Oportunidades “Portobelo” atrae a centos de persoas a Ramallosa

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Feira de Oprtunidades "Portobelo".

Centos de persoas achegáronse este domingo ata a Alameda da Ramallosa para visitar a quinta Feira de Oportunidades “Portobelo”, organizada pola Asociación de Comerciantes e Empresarios do Val Miñor, Ovalmi, xunto co Concello de Nigrán.

Veciños e visitantes puideron atopar desde as 11 ata as 22 horas unha gran variedade de produtos dos 21 establecementos comerciais participantes, que ofertaron rebaixas e oportunidades directamente ao público. Roupa para nenos, home e muller e complementos; cosmética, maquillaxe, perfumería e artigos de perruquería; electrodomésticos; bixutería; lentes do sol; artigos de decoración; artigos para mascotas; xeados; cupcakes e brownies… son algúns dos produtos que se podían adquirir con grandes descontos.

Ademais, Portobelo contou con diferentes actividades durante todo o día. Pola mañá actuou Voltereta e Volvoreta e pola tarde púidose gozar do espectáculo de Asacocirco Show. Tamén se celebrou o concurso “Flota como Poidas”, que cumpría a súa quinta edición, Plaza Fitness Nigrán ofreceu unha clase de zumba e para pechar a xornada, exhibición da escola de baile Paradela de Gondomar.

Anuncios