Anuncios
Ticker de novas

Xornada exitosa do Club de Xadrez Laroca no XVII Torneo Festas do Monte

FOTO: CLUB DE XADREZ LAROCA // Breixo Álvarez, Ana Fernández e Hugo Rego.

O pasado xoves celebrouse o XVII Torneo Festas do Monte na Guarda, ao que se desprazaron once xogadores do Club de Xadrez Laroca de Nigrán. Breixo Álvarez acadou o triunfo na categoría absoluta cun pleno de 6 vitorias, e na categoría sub 14, Ana Fernández logrou o primeiro posto cun total de 4 puntos e Hugo Rego o segundo con 3 puntos. No Torneo, celebrado ao aire libre baixo a organización do Club Xadrez Albatros, participaron un total de 86 xadrecistas.

A clasificación dos once xogadores laroqueiros foi a seguinte:
1º.- Breixo Álvarez Domínguez con 6 puntos.
8º.- Sergio López Pérez con 4´5 puntos.
13º.- Jorge Carneiro Penedo con 4 puntos.
17º.- Francisco Rego Lorenzao con 4 puntos.
24º.- Ana Fernández Carneiro con 4 puntos.
27º.- Lúa Álvarez Domínguez con 3´5 puntos.
37º.- Hugo Rego Calvo con 3 puntos.
38º.- Rafael Simoes González con 3 puntos.
46º.- Marcos Rego Calvo con 3 puntos.
67º.- Jose Manuel Fernández Rodríguez con 2 puntos.
72º.- Diego Martín Abalde con 1´5 puntos

V Torneo Internacional Ciudad de Pontevedra

Os xogadores Artai Bringas e Mauro Sanromán, proseguen a súa participación no V Torneo Internacional Ciudad de Pontevedra, e a falta de dúas xornadas para rematar, Artai leva conseguido catro puntos ocupando o posto 73 da xeral e mellorando o seu posto inicial (78). Mauro leva conseguidos dous puntos ocupando o posto 145, e mellorando notablememte o seu posto inicial (161).

XVII Torneo San Roque

Por outra banda tamén houbo representación laroqueira no XVII Torneo San Roque celebrado na localidade berciana de Cubillos del Sil. Ata esta fermosa localidade desprazáronse os xogadores Jorge Carneiro e Francisco Rego, acadando este último o premio ao mellor sub 2000.

Anuncios