Anuncios
Ticker de novas

A quinta edición do “Flota como Poidas” reuniu 12 artefactos flotantes no Miñor

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Un dos artefactos flotantes.

Máis de 50 inscritos con 12 artefactos flotantes sen motor participaron na tarde deste domingo 13 de agosto na quinta edición da xa tradicional concentración “Flota como Poidas”, organizada por segundo ano consecutivo polo Concello de Nigrán.

A travesía desenvólvese desde unha das ramplas de acceso ao Río Miñor na ponte da Ramallosa, navegando en sentido descendente ata a punta da Ladeira e regresando cara o mesmo punto, onde os participantes puideron gozar dun refrixerio, e onde se realizou a entrega de premios.

Non hai ningunha limitación para a imaxinación na construción dos artefactos, só que flote e poida navegar propulsado a remo ou a vela.

O premio para o artefacto máis currado foi para “Nigrán Garrós”, a tripulación máis simpática foi a de “Ollo que van… os de sempre”, o premio á familia máis intrépida e participativa foi para “Vilatroglo”, “Cerveceros Independientes” foi o artefacto máis cutre, e “Juimbledon” levou o premio Titanic. O participante de máis idade foi Óscar Arévalo e o de menos idade Pedro Arévalo, pai e fillo integrantes de “Verano del amor”.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios