Anuncios
Ticker de novas

Maikel Rodríguez e Aida Martínez gañan a VII Nigrán Area

FOTO: EUGENIO ÁLVAREZ

Praia América e Panxón volveron este sábado a ser o escenario dunha das carreiras máis señeiras do verán, a Nigrán Area, que cumpría a súa sétima edición organizada pola Sociedade Atlética Val Miñor e o Concello de Nigrán. Nesta ocasión, ademais, o evento deportivo colaborou de novo co proxecto de Unicef “Gotas para Níxer”, permitindo aos corredores facer a súa achega a través da plataforma http://www.carreirasgalegas.com.

Preto de 800 corredores participaron no evento, repartidos nas categorías cadete, infantil, alevín, benxamín, prebenxamín, pitufos e absoluta. Todos eles tiveron que completar os diferentes circuítos, que ían dende os 100 ata os 6.000 metros dependendo da categoría, que discorrían entre o porto de Panxón e Praia América, itinerarios chairos sobre a area mollada, xa que se aproveita a marea baixa.

O vencedor absoluto da proba foi Maikel Rodríguez Domínguez, que conseguiu completar o percorrido de 6 km en 20:16. Seis segundos despois cruzaba a liña de meta Jose Alberto Bastos Dasilva, segundo, e cerrando o podio, Óscar Bernárdez Carballo, cun tempo de 20:27.

Na categoría feminina, a primeira en completar o circuíto foi Aida Martínez Barja, en 25:04. Mónica García-pagan Bonnardeaux foi segunda e María Varela Cerdeira terceira, cun tempo de 26:42 e 27:07 respectivamente.

Guzmán Gómez Guerreiro (20:36) e Isabel Massó Álvarez (30:31) foron os primeiros clasificados do Val Miñor.

Outorgáronse trofeos aos tres primeiros de cada categoría tanto feminina como masculina e medalla conmemorativa do 4º ao 10º nas categorías de alevín ata cadete e a todos os pitufos, prebenxamíns e benxamíns ate fin de existencias.

RESULTADOS VII NIGRÁN AREA

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios