Anuncios
Ticker de novas

Unha vintena de establecementos venderán os seus produtos na Feira de Oportunidades “Portobelo”

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

Este domingo 13 de agosto celebrarase no Parque da Ramallosa a Feira de Oportunidades “Portobelo”, organizada pola Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor OVALMI e o Concello de Nigrán.

Os asistentes poderán atopar diferentes artigos a prezos rebaixados, desde moda a complementos ou artigos para o fogar, dunha vintena de establecementos da comarca.

Ao longo de todo o día celebraranse diferentes actividades como a actuación de Voltereta e Volvoreta ás 12:00 da mañá, xa pola tarde poderán gozar de Asacocirco Show ás 17:30 horas, o concurso Flota como Poidas a partir das 19:00 horas, unha clase de zumba a cargo de Plaza Fitness Nigrán ás 20:30 horas e para pechar o día unha exhibición da escola de baile Paradela ás 21:30 horas.

Anuncios