Anuncios
Ticker de novas

Praia América acolle este sábado a “Nigrán Area” co récord de 800 atletas inscritos

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

O Concello de Nigrán e a Sociedade Atlética Val Miñor organizan este sábado 12 de agosto a sétima edición da carreira de atletismo pola praia “Nigrán Area” co récord de participación de 800 atletas. A carreira únese un ano máis ao proxecto de Unicef “Gotas para Níxer”, permitindo aos corredores facer a súa achega a través da plataforma http://www.carreirasgalegas.com.

A proba dará comezo ás 11:00 horas coa categoría cadete seguida de infantil, alevín e benxamín, sendo a absoluta ás 11:45 horas e a continuación a de prebenxamíns (12:30) e pitufos (12:40). Os circuítos discorrerán entre o Peirao de Panxón e Praia América, son circuítos chás sobre a area mollada da praia, coa marea baixa.

Os dorsais e chip, serán entregados polo club organizador hoxe no Pavillón de Deportes de Panxón en horario de 17:00 a 20:00 horas e mañá (ata 30 min. antes da celebración da carreira).

Haberá avituallamento ao fin da carreira, servizo de ambulancia dispoñible durante o evento e servizo de duchas no Pavillón Municipal de Deportes de Panxón.

Outorgaranse trofeos aos tres primeiros de cada categoría tanto feminina como masculina e medalla conmemorativa do 4º ao 10º nas categorías de alevín ata cadete e a tódolos pitufos, prebenxamíns e benxamíns ate fin de existencias. Ademais, premiarase ao 1º atleta feminino e masculino do Val Miñor na carreira absoluta.

Anuncios