Sin categoría

Máis de 50 nenos participaron no Campus de Fútbol Sala de Baiona

Finalizou outra edición do Campus de Fútbol Sala que organizaron o Concello de Baiona e o Baíña Fútbol Sala en colaboración con laCaixa. Máis de 50 participantes que gozaron de moitas horas de futsal e tamén de actividades paralelas como un obradoiro de pedagoxía (Arco-Iris) e outro de nutrición (Adri Super Food). Este ano as visitas foron de moita categoría, xa que estiveron Vane Sotelo, campioa de Europa, e Santi Valladares, ex Santiago Futsal e actualmente no Leis. Desde o Baíña FS agradecen aos patrocinadores Eroski (Baiona) e Froitas Vilar, á concelleira de Cultura e Deportes de Baiona, Miriam Costas, e a todos os traballadores do Pavillón de Baiona pola súa colaboración.