O Racing Vilariño organiza unha gran sardiñada

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

O Racing Vilariño organiza este sábado 12 de agosto no Campo de Fútbol de San Pedro unha gran sardiñada a partir das 19:00 horas. O prezo será de 13 euros e inclúe unha ducia de sardiñas, unha botella de viño e pan. Tamén haberá churrasco, empanada, bocadillos, tortilla, etc. A noite estará amenizada por un dúo.