Anuncios
Ticker de novas

Unha cría de quenlla sorprende aos bañistas da praia da Ladeira

Unha cría de quenlla azul sorprendeu este domingo aos bañistas da praia da Ladeira. O exemplar de tintorera, duns 70 centímetros de longo, foi avistado nadando moi preto da beira no extremo do areal baionés, xunto ao porto de Santa Marta.

Estaba desorientada e foron tres nenos, tras comprobar que a cría era totalmente inofensiva, os que a recolleron coas súas propias mans e posteriormente levárona a unha zona de augas máis profundas.

Os biólogos levan constatando desde 2013 a súa presenza nos meses de verán nas rías galegas, pero o que sorprende é a súa proximidade á costa. Xa se tiña constancia da súa presenza en Cíes e en Monteferro (Nigrán). Neste último caso foi localizado un neonato varado nunha praia cun buraco que o atravesaba dun lado a outro, probablemente arponeado.

Trátase dunha especie inofensiva que se alimenta doutros peixes. Cando alcance o tamaño suficiente poderá volver ao medio do mar, o seu hábitat habitual. As quenllas azuis adultas viven a varias millas de terra, e só se achegan ás nosas costas se están feridos ou perdidos. Se se atopan na auga unha cría similar, a actuación dos pequenos é a correcta segundo os biólogos do CSIC.

Anuncios