Anuncios
Ticker de novas

O cantautor Javier González Méndez presenta “El origen de la sed” en Baiona

O cantautor Javier González Méndez presenta este martes 8 de agosto en Baiona o seu novo e cuarto disco titulado “El origen de la sed”, producido e editado por Casa de Tolos, en Gondomar, e caracterizado por un coidado exquisito na composición literaria. O concerto, incluído na programación cultural e de lecer Baiverán 2017 organizada pola Concellería de Cultura, comezará ás 23:00 horas na Praza do Concello.

Nácese con sede de futuro e mórrese con sede de pasado. Durante ese traxecto estamos sempre sedentos: de amor, éxito, amizade, poder, vinganza, grandezas e miserias. O que lle parece un misterio non é a sede, senón a súa orixe. De aí o suxestivo título da súa recompilación de músicas e letras, alegóricas e cotiás, coas que tenta descifralo.

O single “Borrón y cuenta nova” representa perfectamente o espírito do disco, dun marcado carácter intimista que reflicte a personalidade do autor de forma fidedigna. A expresión dun sentimento xeneralizado a través da visión artística dunha das mellores plumas de opinión política do panorama xornalístico galego.

O videoclip, escrito polo propio Javier, foi producido integramente por Casa de Tolos, dirixido e editado por Pablo Casal e Borja Nande.

Anuncios