Anuncios
Ticker de novas

“Cine na Praza” en Sabarís coa película “Capitán América: Civil War”

Continúa o ciclo “Cine na Praza” incluído na programación cultural e de lecer Baiverán 2017, organizada pola Concellería de Cultura de Baiona. Este martes 8 de agosto proxectarase a película “Capitán América: Civil War”, ás 23:00 horas na Praza Victoria Cadaval de Sabarís.

Despois de que outro incidente internacional involucre aos Vengadores, causando varios danos colaterais, aumentan as presións políticas para instaurar un sistema que esixa máis responsabilidades e que determine cando deben contratar os servizos do grupo de superheroes. Esta nova situación dividirá aos Vengadores, mentres tentan protexer ao mundo dun novo e terrible vilán. Terceira entrega da saga Capitán América.

Anuncios