Roi Casal presenta “Son Galego, Son Cubano” en Gondomar

Este venres 4 de agosto continúa a programación Cultura de Verán 2017 organizada pola Concellería de Cultura de Gondomar con “Son Galego, Son Cubano”, o gran espectáculo musical entre Cuba e Galicia de Roi Casal. O concerto, homenaxe a Neira Vilas e á emigración galega en Cuba, comezará ás 23:00 horas con entrada libre no Parque da Coelleira.