Pop dos 80 e 90 en Sabarís e concerto de rumba en Baiona

FOTO: PATINAMÁ

Este xoves 3 de agosto o Baiverán 2017, programa organizado pola Concellería de Cultura, propón dúas alternativas de lecer para veciños e visitantes. Na Praza Victoria Cadaval de Sabarís, “This is my life”, con Antonio Seijo e Pablo Estellés, violín e saxo, que interpretarán grandes éxitos do pop dos anos 80 e 90 a partir ás 21:00 horas. Na Praza do Concello de Baiona, concerto de rumba a cargo de Patinamá, a partir das 23:00 horas.