Sin categoría

Obradoiro de artesanía para nenos en Praia América

O Concello de Nigrán, a través da Feira de Artesanía de Praia América, ofrece como cada venres ás 12:00 do mediodía un obradoiro para os nenos neste lugar. Nesta ocasión será un obradoiro de reciclaxe con cartón e plásticos no que se farán tartarugas de xoguete. A duración aproximada é de dúas horas e é gratuíto.