Unha unidade móbil de doazón de sangue visita Baiona e Nigrán

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // A unidade móbil de doazón de sangue en Nigrán.

Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia visita esta semana Baiona e Nigrán. O mércores 23 de marzo permanecerá estacionada na Avda. Jesús Valverde, na entrada ao Parador de Baiona, de 16:00 a 21:00 horas. O xoves día 24, estará situada diante do Concello de Nigrán, de 10:00 a 14:30 e de 16:00 a 21:00 horas. Todas as persoas que desexen doar sangue deberán chamar ao teléfono gratuíto 900 100 828.