Anuncios
Ticker de novas

O Concello de Baiona amplía e mellora o Torreiro de Belesar

FOTO: CONCELLO DE BAIONA // Torreiro de Belesar.

O Concello de Baiona levou a cabo durante os últimos días obras de mellora e ampliación no Torreiro de Belesar seguindo coa súa política de actuacións por todas as parroquias.

Operarios municipais procederon á limpeza e pintado de toda a zona, ademais de engadir un suplemento ao torreiro, instalar varandas e pasamáns de seguridade. Os traballos da Concellería de Vías e Obras tamén inclúen a mellora do sistema de recollida de pluviais e da capa de pavimentación nun tramo duns 200 metros cadrados.

O alcalde, Ángel Rodal, e o concelleiro José Ángel Bahamonde, pasaron revista aos traballos este mércores e comprobaron as melloras dunha zona moi transitada por tratarse dun lugar no que se celebran moitas actividades.

“Continuamos con este tipo de actuacións necesarias para as parroquias, actuacións moi importantes en lugares de reunión para mellorar a calidade de vida dos nosos veciños”, apuntou o edil de Vías e Obras.

O goberno local de Baiona mantén reunións periódicas nas parroquias para coñecer as necesidades dos veciños e cada seis meses celebra encontros abertos a todas as parroquias nos que recibe peticións e suxestións para levar a cabo traballos de mellora.

Anuncios