Música e cine para o fin de semana en Gondomar

Esta fin de semana continúa o programa Cultura de Verán 2017 organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Gondomar.

Este venres 4 de agosto estará no escenario Roi Casal presentando un repertorio completo dedicado á obra de Neira Vilas «Son galego, Son cubano». Será no parque da Coelleira ás 23:00 horas.

O sábado 5 de agosto, proxectarase a película “Peter y el dragón”, dentro do cliclo Cine na Rúa, ás 22:30 horas no Parque Ponte das Rosas.

O domingo 6 de agosto ás 23:00 horas, o grupo Patinamá interpretará pop, rock e rumbas nun concerto único no Parque da Coelleira.

Anuncios