Anuncios
Ticker de novas

Viviane ofrece un concerto de novo fado en Baiona

A Praza do Concello de Baiona acolle este mércores 2 de agosto un concerto de novo fado a cargo de Viviane. O evento, incluído no programa cultural e de lecer Baiverán 2017 organizado pola Concellería de Cultura, comezará ás 23:00 horas.

Viviane naceu en Francia e trasladouse a Portugal aos 13 anos de idade, onde iniciou a súa carreira musical en 1990 cando formou conxuntamente con Tó Viegas o grupo ENTRE ASPAS, co que grava 7 álbums.

En 2001, grava o 1º CD do proxecto colectivo LIÑA DA FRONTE, ao lado de João Aguardela, Luis Varatojo, Dora Fidalgo, Janelo, Prince Wadada e Rui Duarte.

En 2005 tras a extinción do grupo ENTRE ASPAS, Viviane inicia a súa carreira en solitario. Conta con catro álbums, “Amores imperfectos” (2005), “Viviane” (2007), “As pequenas gavetas do amor” (2011) e “Día Novo” (2014).

Dona dunha das voces máis carismáticas e singulares da música contemporánea portuguesa, Viviane convídanos a viaxar a través das súas cancións onde se torna evidente a influencia do Fado e da “Chanson francesa”.

Anuncios